Micromachismos2

En Internet a día de hoxe encontramos información para case todo o que a precisemos, incluso nos podemos formas no feminismo e loitar contra o machismo, ou polo menos aprender a ser críticos e saber identificalo.

Ás veces é difícil recoñecer un micromachismo, porque estamos moi acostumados a eles, e paréceme moi interesante como tratamos nós, os adolesecentes, estes temas. Esta ligazón recolle testemuñas de nenos e nenas de entre 13 e 18 años que falan de micromachismos, machismo, a folga do 8 de Marzo, a repartición das tarefas do fogar…

http://www.huffingtonpost.es/2018/03/06/8m-para-los-adolescentes-espanoles-un-dia-mas_a_23377585/

Aquí temos outro artigo sobre algúns exemplos de micromachismos.

Creo que o máis importante nestes casos é contar coa opinión da muller, para saber se está ben o que dicimos, porque nós como homes, moitas veces non os sabemos identificalos, porque non os sufrimos. Ademais tamén considero que nos artigos que mirei non se fala do machismo nos medios de comunicación, por exemplo das absurdas preguntas que se realizan nalgunhas entrevistas na tele e na radio.

Comenta

Resultado de imagen de pablo motos machista


 

Publicado en 3º Bio, vídeos | Etiquetado , | 4 Comentarios

Micromachismos

Cita que situacións das expostas no vídeo son máis frecuentes.

Que outras situacións de micromachismo coñeces?


Publicado en 3º Bio, 4ºE.S.O, vídeos | Etiquetado , | 11 Comentarios

Enquisa titoría 4G

Agradecería que encheras esta enquisa coa finalidade de coñeceros. A información non será comentada con ninguha persoa máis nin da familia nin profesorado.

 

Publicado en 4ºE.S.O | Etiquetado | Deixa un comentario

PARA COMEZAR: pautas

1.- A PARTICIPACIÓN NO BLOG AVALIARASE POSITIVAMENTE.

2.- Publicarase en galego, para traballar a competencia lingüística. (ata  9 puntos).

ortografia

3.-Ter especial coidado coa ortografía, redactar ben e non copiar textos enteiros, revisar o texto antes de mandalo. (ata 10 puntos)

4.- Primeiro ler a guía no apartado blogueguia: Titoria,    que explica como facer post, insertar enlaces, colgar imáxes…

5.-Nos traballos que sexan CREAr artigo  novo: acompaña o texto con imaxes, fotos para que quede mellor o blogue. Ter coidado coas imaxes e/ou vídeos que requiran autorización do/a autor/a. (ata 2 puntos)

6.- Nos artigos, tentar ser precisos/as, escribir mínimo 90 palabras non pasar de 14 líneas, para facer referencia a un texto ou unha información máis longa insertar un enlace. (ata 3 puntos).

7.- Por as fontes de onde sacades a información (por exemplo Xornal 07/09/13) (1 punto)

8.- Non dar información personal como dirección, teléfono, etc.

9.- Respectarase en todo momento a os voso/as compañeiros/as e a calqueira persoa, evitando insultar. Podemos facer críticas construtivas e respectuosas.

10.- Poñer sempre a categoría da materia a que corresponde o voso artigo, e uns ou 2 nomes na etiqueta separados por comas. (2 puntos)

1B.- Outro tipo de traballos: nos Artigos con vídeo (4- 7 minutos) chega con presentar o contido dos mesmos en 3-4 líneas  e por unha pregunta aos compañeiros/as que comece busca no vídeo…. (ata 6 puntos). Lembra tamén por categoría vídeo.

1C.-No terceiro tipo de traballo COMENTAR: No recadro dos comentarios por sempre unha opinión persoal.  Explicar os conceptos para facilitar a comprensión.  Xustificar o expresado sempre cun PORQUE…. e nun  mínimo de 5 líneas.

Publicado en 1º ESO, 3º Bio, 4ºE.S.O, Cultura científica, fpb, PARA COMEZAR, XERAL | Etiquetado , , | 135 Comentarios

Enquisa

A continuación propóñoche que autoavalíes a túa competencia dixital a través do seguinte cuestionario. Isto permitirache coñecer mellor o teu perfil dixital, onde tes as túas fortalezas e onde os teus puntos débiles.

Pincha  e resposta

 

 

 

Publicado en 4ºE.S.O, ESA TIC, OPINA | Etiquetado , , | Deixa un comentario