A Célula

As células procariotas son aquelas nas que no citoplasma non posúen orgánulos membranosos nin núcleo diferenciado. As arqueas e as bacterias conforman os dous dominios deste tipo de células.

O seu tamaño é dez veces menor ao das células eucariotas e reciben diferentes nomes segundo a súa forma. Ás esféricas chámaselles cocos; ás que teñen forma de bastón, bacilos; outras curvadas, son os vibrións; e, por último, as que semellan resortes reciben o nome de espirilos.

En canto á súa estrutura, esta é bastante sinxela:

  • Posúe unha membrana plasmática e unha parede celular que a separa do contorno.
  • “Flotando” no citoplasma aparecen diversos ribosomas.
  • Un cromosoma, que non está separado do citoplasma por ningunha membrana, contén o material hereditario da célula. Ademais, dispersos polo citoplasma, pode haber plásmidos, é dicir, anacos deste material hereditario.
Esta entrada foi publicada en 3º Bio e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta