A Célula

Unha célula é a unidade anatómica e funcional de todo ser vivo que ten a función de autoconservación e autoreproducción, polo que lla considera a mínima expresión de vida de todo ser vivo. Cada célula do teu corpo fíxose a partir dunha célula xa existente.

O ser vivo máis simple está formado por unha soa célula, por exemplo as bacterias. Estes seres vivos chámanse Unicelulares.

Os seres vivos que están formados por máis dunha célula chámanse Pluricelulares.

Todos os seres vivos, grandes ou pequenos, vexetais ou animais, componse de células.

O tamaño normal dunha célula é entre 5 e 50 micras (unha micra é a millonésima parte dun metro). dividamos un metro entre 1.000.000 millón e iso é unha micra. Pois a célula pode medir 5 micras. Pequena verdade?.

Tanto a célula vexetal como a animal posúen membrana celular, pero a célula vexetal conta, ademais, cunha parede celular de celulosa, que lle dá rixidez.

A célula vexetal contén cloroplastos: organelos capaces de sintetizar azucres a partir de dióxido de carbono, auga e luz solar (fotosínteis) o cal os fai autótrofos (producen o seu propio alimento) , e a célula animal non os posúe por tanto non pode realizar o proceso de fotosíntesis.

Parede celular: a célula vexetal presenta esta parede que está formada por celulosa ríxida, en cambio a célula animal non a posúe, só ten a membrana citoplasmática que a separa do medio.

Unha vacuola única chea de líquido que ocupa case todo o interior da célula vexetal, en cambio, a célula animal, ten varias vacuolas e son máis pequenas.

As células vexetais poden reproducirse mediante un proceso que dá por resultado células iguais ás proxenitoras, este tipo de reprodución chámase reprodución asexual.

As células animais poden realizar un tipo de reprodución chamado reprodución sexual, no cal, os descendentes presentan características dos proxenitores pero non son idénticos a el.

Tipos de células:

Resultado de imagen de celula vegetal y animal

Resultado de imagen de celulas procariota y eucariota

Esta entrada foi publicada en 3º Bio e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta