OS MINERAIS

A codia terrestre está constituída por moitos tipos de rochas. As rochas, á súa vez, están formadas por minerais.

        Os minerais son substancias sólidas, de orixe natural, inórgánicos e cunha composición homoxénea na que os compoñentes forman redes ordenadas.

          

As propiedades dun mineral, é dicir, as súas características son únicas e dependen da súa composición e de como se ordenan os seus compoñentes. Para identificar un mineral, debemos estudar as súas propiedades.

       

Os minerais poden clasificarse, en función da súa composición química, en dous grandes grupos: os minerais silicatados ou silicatos e os non silicatados.

         

Chamamos depósitos ás zonas da codia terrestre nas que hai concentracións explotables de recursos da xeosfera.

       

 

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.