O UNIVERSO

Que é o Universo?

O concepto actual do universo é o dun conxunto formado por toda a materia, a enerxía e o tempo que existen, e que ocupa un espazo enorme. Os corpos máis afastados que se observaron están a uns 30.000 millóns de anos luz, e calcúlase que o universo pode ter uns 100.000 millóns de anos luz de extensión.

A maior parte do universo está baleiro ou ten un tipo de materia chamada escura, moi difícil de detectar. O resto da materia concéntrase en galaxias, que son inmensos conxuntos formados por miles de millóns de estrelas e por nebulosas ou rexións de gas e po nas que se orixinan as devanditas estrelas.

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta