A ATMOSFERA

A ATMOSFERA

É  a capa gasosa que rodea externamente a Terra. Está formada por aire e por partículas en suspensión.

Os principais gases que forman o aire son:

-Nitróxeno.

-Osíxeno.

-Dióxido de carbono.

-Vapor de auga.

-Outros compoñentes.

Na atmosfera distínguense cinco capas:

-A troposfera.

-A estratosfera.

-A mesosfera.

-A termosfera ou ionosfera.

-A exosfera.

A atmosfera desempeña unha función protectora. Protéxenos de:

-Radiacións solares.

-Fronte o impacto dos meteoritos.

A atmosfera achega gases necesarios para os seres vivos. Eses gases son:

-O dióxido de carbono.

-O osíxeno.

Regula a temperatura terrestre, grazas ao efecto invernadoiro.

A contaminación atmosférica defínese como a presenza na atmosfera de diversas substancias ou formas de enerxía en cantidades tales que son prexudiciais para os seres vivos e o medio natural. A contaminación pode deberse tanto a fenómenos humanos, tanto como ás actividades humanas.

Os contaminantes atmosféricos son:

-Os gases.

-As partículas sólidas e líquidas que se encontran en suspensión.

-A luz e o ruído.

Os efectos da contaminación atmosférica son:

-A chuvia ácida.

-A destrución da capa de ozono.

-O incremento do efecto invernadoiro.

Para impedir a contaminación atmosférica podemos aumentar o uso de enerxías renovables máis limpas. Por exemplo:

-Uso racial e eficiente da enerxía utilizando o transporte público, apagando as luces, etc.

-Controlar as emisións gasosas que realiza a industria e prohibir o uso dos CFC.

-Fomentar a plantación de árbores xa que, grazas a fotosíntese, reducen os niveis de dióxido de carbono da atmosfera.

 

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.