De onde viñeron os teus elementos?

O hidróxeno do teu corpo, presente en todas as moléculas de auga, procede do Big Bang. Non hai fontes destacadas de hidróxeno no Universo. O carbono do teu corpo creouse por fusión nuclear no interior de estrelas, ao igual que o osíxeno. Gran parte do ferro do teu corpo formouse durante supernovas de estrelas que aconteceron hai moito tempo e moi lonxe. O ouro das túas xoias probablemente se fabricou en estrelas de neutróns durante colisións que as fixeron visibles como estoupidos de raios gama de corta duración.

Os elementos coma o fósforo mailo cobre están presentes nos nosos corpos só en cantidades pequenas pero son esenciais para o funcionamento de toda a vida coñecida. A táboa periódica dos elementos publicada está codificada en cor para indicar a mellor suposición da humanidade sobre a orixe nuclear de todos os elementos coñecidos. Os lugares de creación nuclear dalgúns elementos, como o cobre, non se coñecen realmente moi ben e seguen sendo materia de investigación observacional e computacional.

Fonte: http://www.gciencia.com/apod-galego/de-onde-vineron-os-teus-elementos/

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O, Fís-Quím-Mat ESA e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to De onde viñeron os teus elementos?

  1. nerea4d di:

    Proceden da explosión que se produxo no universo chamada Big Bang.O carbono do corpo produciuse por fusión nuclear no interior das estrelas ao igual que o osíxeno.Gran parte do ferro nas supernovas.

Deixa unha resposta