Reino dos protoctistas.

O reino Protista, tamén chamado ás veces Protoctista (ver a sección “clasificación”), é aquel que contén a todos os organismos eucariontes que non poden clasificarse dentro dalgún dos outros tres reinos eucarióticos: Fungi(fungos), Animalia (animais en sentido estrito) ou Plantae (plantas). Na árbore filoxenética dos organismos eucariontes, os protistas forman varios grupos monofiléticos separados, ou inclúen membros que están estreitamente emparentados con algún dos tres reinos citados.

O reino dos protoctistas fórmano organismos unicelulares e pluricelulares eucariotas. A este reino pertencen os protozoos e as algas.

Esta entrada foi publicada en XERAL e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.