AS ALGAS

As algas pertencen ao reino dos protoctistas, son unicelulares e pluricelulares ecucariotas e as súas células son parecidas ás das plantas, teñen cloroplastos e parede celular.

Teñen nutrición autótrofa, fabrican o seu alimento mediante a fotosíntese e teñen pigmentos que lles dan unha cor característica. Hai algas pardas, verdes e vermellas.

A maioría das algas reprodúcense asexualmente, por división celular, por fragmentación ou mediante esporas, pero tamén hai algunhas que se reproducen sexualmente mediante gametos.

As algas fabrican o alimento do que dependen os seres vivos heterótrofos nos medios acuáticos e as persoas empregámoas na nosa alimentación.

 

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta