Reino das algas

As algas, olgas ou oucas, comprenden varios grupos de seres vivos acuáticos e autotróficos, ou sexa, que producen a enerxía necesaria para o seu metabolismo a través da fotosíntese. A maior parte das especies de algas son unicelulares e, mesmo as máis complexas – algunhas con tecidos diferenciados – non posúen verdadeiras raíces, caules ou follas.

Aínda que foron durante moito tempo consideradas como plantas, só as algas verdes teñen unha relación evolutiva coas plantas “superiores”; os restantes grupos de algas representan liñas independentes de desenvolvemento evolutivo, paralelo ás que levaron ás plantas superiores.

A disciplina da bioloxía que estuda as algas é a ficoloxía ou algoloxía, tradicionalmente unha especialización da botánica.

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta