As algas

As algas son organismos unicelulares e pluricelulares eucariotas. As súas células son similares ás das plantas, xa que teñen cloroplastos e parede celular.

A nutrición nas algas: as algas teñen nutrición autótrofa. Son capaces de realizar a fotosíntese grazas a os seus cloroplastos.

A relación. A maioría das algas son acuáticas, pero algunhas viven sobre rochas, plantas, animais ou no solo.

A reprodución. En xeral, as algas reprodúcense de maneira asexual, por división celular, fragmentación ou a partir dunhas células especiais chamadas esporas. Outras reprodúcense

de maneira sexual mediante gametos.

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.