Parque Invernadeiro

O Invernadeiro é un espazo natural de carácter montañoso situado nos montes de Vilariño de Conso (Ourense), ó sur do macizo central na provincia de Ourense. O Invernadeiro foi declarado parque natural o 5 de xuño de 1997, cunha superficie de 5.722 ha. Está situado entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, e formado polas serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial das Corzas, que constitúen o Macizo Central Ourensán, con altitudes contorno ós 1.000-1.600 m.

As altas montañas de cumes cubertos de pastos mostran nas súas abas grandes extensións de queirugais que, en chegando ás ribeiras dos ríos, ceden o protagonismo ás fragas e soutos fluviais nos que a vida bule de forma sorprendente. Aquí e alí, escuras e espalladas manchas de piñeiros recordan a que foi a árbore predominantes no pasado. A fauna que ten aquí o seu fogar asombra pola súa riqueza e adaptación ó medio.O espazo destaca pola súa riqueza faunística, botánica e enorme interese xeomorfolóxico e paisaxístico.

Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O, XERAL e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta