Reino dos protoctitas

O reino dos protoctistas está formado por seres vivos unicelulares e pluricelulares eucariotas, a súa célula é parecida á dos animais. A este reino pertencen os protozoos e as algas.

PROTOZOOS : son seres vivos unicelulares ecuariotas e viven en medios acuáticos.

A nutrición nos protozoos é heterótrofa, aliméntanse de substancias que hai na auga, cazan microorganismos ou son parásitos.

Os protozoos fan a función de relación, poden desprazarse e para facelo utilizan flaxelos, pseudópodos ou cilios.

Reprodúcense mediante división celular, divídense en dúas células filla e reparten os seus compoñentes entre elas.

Os protozoos poden ser parásitos e causar enfermidades ás persoas como o paludismo ou a malaria e outros descompoñen restos de seres vivos e así axudan a reciclar a materia e a manter o equilibrio do medio.

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta