O REINO DOS PROTOCTISTAS

O reino dos protoctistas fórmano organismos unicelulares e pluricelulares eucariotas. A este reino pertencente os protozoos e as algas.

OS PROTOZOOS:

Os protozoos son organismos unicelulares microscópicos cuxa célula eucariota é similar á dos animais.Viven en medios acuosos.

AS FUNCIÓNS VITAIS NOS PROTOZOOS:

-A nutrición: os protozoos teñen nutrición heterótrofa: algúns aliméntanse de residuos que encontran no medio, outros son cazadores de microorganismos e algúns son parasitos.

-A relación: os protozoos empregan diferentes mecanismos para desprazárense, como os flaxelos, os pseudópodos e os cilios.

-A reprodución: os protozoos reprodúcense mediante división celular: divídense en dúas células filla repartindo os seus compoñentes entre elas.

JOSE TORRES 1ºC

NEREA PIEDRAS 1ºC

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta