PARA COMEZAR: pautas

1.- A PARTICIPACIÓN NO BLOG AVALIARASE POSITIVAMENTE.

2.- Publicarase en galego, para traballar a competencia lingüística. (ata  9 puntos).

ortografia

3.-Ter especial coidado coa ortografía, redactar ben e non copiar textos enteiros, revisar o texto antes de mandalo. (ata 10 puntos)

4.- Primeiro ler a guía no apartado blogueguia: Titoria,    que explica como facer post, insertar enlaces, colgar imáxes…

5.-Nos traballos que sexan CREAr artigo  novo: acompaña o texto con imaxes, fotos para que quede mellor o blogue. Ter coidado coas imaxes e/ou vídeos que requiran autorización do/a autor/a. (ata 2 puntos)

6.- Nos artigos, tentar ser precisos/as, escribir mínimo 90 palabras non pasar de 14 líneas, para facer referencia a un texto ou unha información máis longa insertar un enlace. (ata 3 puntos).

7.- Por as fontes de onde sacades a información (por exemplo Xornal 07/09/13) (1 punto)

8.- Non dar información personal como dirección, teléfono, etc.

9.- Respectarase en todo momento a os voso/as compañeiros/as e a calqueira persoa, evitando insultar. Podemos facer críticas construtivas e respectuosas.

10.- Poñer sempre a categoría da materia a que corresponde o voso artigo, e uns ou 2 nomes na etiqueta. (2 puntos)

11.- Outro tipo de traballos: nos Artigos con vídeo (4- 7 minutos) chega con presentar o contido dos mesmos en 3-4 líneas  e por unha pregunta aos compañeiros/as que comece busca no vídeo…

12.-No terceiro tipo de traballo COMENTAR: No recadro dos comentarios por sempre unha opinión persoal.  Explicar os conceptos para facilitar a comprensión.  Xustificar o expresado sempre cun PORQUE…. e nun  mínimo de 5 líneas.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en 1º ESO, 3º Bio, 4ºE.S.O, Cultura científica, fpb, PARA COMEZAR, XERAL e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

127 Responses to PARA COMEZAR: pautas

  1. marina4bio di:

    Estou de acordo coas normas.Paréceme moi ben que se valore positivamente a participación no blog(1) e que se fale en galego(2).É bastante importante nunca dar datos personais(8),xa que o blog está ao alcance de moitas persoas.Unha das normas máis importantes é o respecto polos demais compañeiros(9)non é necesario ofender a ninguén para dar a túa opinión,sexa negativa ou positiva.Na miña opinión, un blogue con imaxes e vídeos(5) fai que leer o texto sexa máis ameno e divertido.

  2. berch4bio di:

    Punto 8
    Paréceme moi ben que nos recorden non dar a nosa informacion persoal porque alguén nos podria estar a vixiar en todo momento e poderiamos estar en perigo.
    Por iso cada vez que nos piden datos persoais hai que ler ben cada cousa que nos pon
    e ter coidado onde os pomos.
    Por iso tamén temos que ter coidado a que páxinas entramos

  3. carla4bio di:

    Gústanme moito as normas do blog, sobre todo a segunda porque paréceme moi importante falar en galego, escribir e aprender máis da nosa lingua, xa que a maioria da xente xoven so falan en castelán.
    As normas oito e nove son moi importantes para manter a nosa información privada e respetarnos uns aos outros, non é necesario insultar ou falarnos mal entre compañeiros.

  4. pablogarcia4bio di:

    Paréceme interesante a norma número 7, porque así todos poden extraer información coa axuda dos artigos dos demais. É unha boa forma de empregar os recursos en compañía dos teus compañeiros.
    A norma número 9 penso que é esencial, debemos ser respetuosos coa xente que nos rodea. Nunca se sabe se algún día vas a necesitar a esa persoa e se a ofendes podes provocar un distanciamento pola sua parte.

  5. kelchie3bio di:

    Punto 9. Hai que tratarse ben cos compañeiros porque a violencia non e boa, se peleas fas o mal para ti mesmo e para os demais. Se causas problemas en clase tamen es peor para o profesor porque esta ao cargo de ti e os demais.

Deixa unha resposta