PARA COMEZAR: pautas

1.- A PARTICIPACIÓN NO BLOG AVALIARASE POSITIVAMENTE.

2.- Publicarase en galego, para traballar a competencia lingüística. (ata  9 puntos).

ortografia

3.-Ter especial coidado coa ortografía, redactar ben e non copiar textos enteiros, revisar o texto antes de mandalo. (ata 10 puntos)

4.- Primeiro ler a guía no apartado blogueguia: Titoria,    que explica como facer post, insertar enlaces, colgar imáxes…

5.-Nos traballos que sexan CREAr artigo  novo: acompaña o texto con imaxes, fotos para que quede mellor o blogue. Ter coidado coas imaxes e/ou vídeos que requiran autorización do/a autor/a. (ata 2 puntos)

6.- Nos artigos, tentar ser precisos/as, escribir mínimo 90 palabras non pasar de 14 líneas, para facer referencia a un texto ou unha información máis longa insertar un enlace. (ata 3 puntos).

7.- Por as fontes de onde sacades a información (por exemplo Xornal 07/09/13) (1 punto)

8.- Non dar información personal como dirección, teléfono, etc.

9.- Respectarase en todo momento a os voso/as compañeiros/as e a calqueira persoa, evitando insultar. Podemos facer críticas construtivas e respectuosas.

10.- Poñer sempre a categoría da materia a que corresponde o voso artigo, e uns ou 2 nomes na etiqueta separados por comas. (2 puntos)

1B.- Outro tipo de traballos: nos Artigos con vídeo (4- 7 minutos) chega con presentar o contido dos mesmos en 3-4 líneas  e por unha pregunta aos compañeiros/as que comece busca no vídeo…. (ata 6 puntos). Lembra tamén por categoría vídeo.

1C.-No terceiro tipo de traballo COMENTAR: No recadro dos comentarios por sempre unha opinión persoal.  Explicar os conceptos para facilitar a comprensión.  Xustificar o expresado sempre cun PORQUE…. e nun  mínimo de 5 líneas.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en 1º ESO, 3º Bio, 4ºE.S.O, Cultura científica, fpb, PARA COMEZAR, XERAL e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

135 Responses to PARA COMEZAR: pautas

  1. noeliaa3a di:

    Ola, estiven lendo as normas e a que máis me chama a atención é a número 5 porque a min gústame poñer imaxes ou enlaces de vídeos relacionados co tema a tratar.E por outro lado creo que axuda a entender bastante mellor a materia.

  2. david4h di:

    Revisando as normas podo ver que estou de acordo con todas sobre todo coa de falar en galego para así mellorar a competencia lingüistica xa que cada vez falase menos noutro tipo de asignaturas, tamén opino que é innecesario mencionar que non poñamos ningún tipo de información persoal xa que iso xa é algo que se ten que saber

  3. xerome4h di:

    Ola,
    Son Xerome de 4ºH e pareceume moi correcta a pauta número 5, xa que a presentación é moi importante e unha imaxe pode facilitar a lectura do artigo e máis o interese por lelo. Tamén penso que outros factores para facilitar a lectura do artigo son igual de impotantes, coma escribir dunha maneira lixeira; que non nos aburra o tema do que se está a falar, senón que nos chame a atención. Todas estas maneiras de facilitar a lectura están ben sempre que non entorpezan nin acorten o tema do artigo, porque non pode faltar ningún punto importante.
    Un saúdo.

  4. lorena4h di:

    Son Lorena Fdez. da clase 4°H. Encontro o punto 7 das pautas moi acertado, xa que permite comprobar se a información ofrecida vén dunha fonte fiable, e permite ás persoas interesadas no que se esté mirando encontrar moita máis información sobre o tema en concreto. Por outra parte, creo que é unha pena que teñamos que pór unha pauta sobre algo básico, referíndome aquí á pauta número 9,porque (polo menos eu) encontro o rescpeto hacia os demáis como algo base, que non debería estar escrito para saberse.

  5. maria4h di:

    Ola, son María Valcárcel de 4°H e atopo o punto tres moi adecuado.
    Á hora de escribir sempre deberiamos ter a boa escritura como unha das ideas máis importantes, dende o meu punto de vista, facilita enormemente a lectura (polo xeral, cando lemos un artigo ortograficamente correcto resulta máis atractivo).
    A pesar diso tamen penso que o punto oito sempre deberiamos recordalo.
    Un saúdo.

Deixa unha resposta