PARA COMEZAR: pautas

1.- A PARTICIPACIÓN NO BLOG AVALIARASE POSITIVAMENTE.

2.- Publicarase en galego, para traballar a competencia lingüística. (ata  9 puntos).

ortografia

3.-Ter especial coidado coa ortografía, redactar ben e non copiar textos enteiros, revisar o texto antes de mandalo. (ata 10 puntos)

4.- Primeiro ler a guía no apartado blogueguia: Titoria,    que explica como facer post, insertar enlaces, colgar imáxes…

5.-Nos traballos que sexan CREAr artigo  novo: acompaña o texto con imaxes, fotos para que quede mellor o blogue. Ter coidado coas imaxes e/ou vídeos que requiran autorización do/a autor/a. (ata 2 puntos)

6.- Nos artigos, tentar ser precisos/as, escribir mínimo 90 palabras non pasar de 14 líneas, para facer referencia a un texto ou unha información máis longa insertar un enlace. (ata 3 puntos).

7.- Por as fontes de onde sacades a información (por exemplo Xornal 07/09/13) (1 punto)

8.- Non dar información personal como dirección, teléfono, etc.

9.- Respectarase en todo momento a os voso/as compañeiros/as e a calqueira persoa, evitando insultar. Podemos facer críticas construtivas e respectuosas.

10.- Poñer sempre a categoría da materia a que corresponde o voso artigo, e uns ou 2 nomes na etiqueta separados por comas. (2 puntos)

1B.- Outro tipo de traballos: nos Artigos con vídeo (4- 7 minutos) chega con presentar o contido dos mesmos en 3-4 líneas  e por unha pregunta aos compañeiros/as que comece busca no vídeo…. (ata 6 puntos). Lembra tamén por categoría vídeo.

1C.-No terceiro tipo de traballo COMENTAR: No recadro dos comentarios por sempre unha opinión persoal.  Explicar os conceptos para facilitar a comprensión.  Xustificar o expresado sempre cun PORQUE…. e nun  mínimo de 5 líneas.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en 1º ESO, 3º Bio, 4ºE.S.O, Cultura científica, fpb, PARA COMEZAR, XERAL e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

127 Responses to PARA COMEZAR: pautas

  1. xiana3a di:

    Xiana: Parécenme unhas boas normas xa que para min cumplen todos os requisitos que pode cumplir un alumno. non estou de acordo ca norma 6 porque cada un ten a súa letra es ao mellor non e capaz de cambiala, a que me parece ben é a regra 3, porque a ortografía é unha das cousas máis importantes das asignaturas para min e o de copiar textos non me parece correcto xa que creo q ti tes que redactalos.

  2. julian3a di:

    Gústannos todas as normas porque achéganos todo o que podemos e debemos facer neste blog.
    Pero a que máis nos gusta é a segunda norma xa que o galego e a nosa lingua e non a podemos perder

    Aroa e Julián

  3. alberto3a di:

    Creo que todas as normas son correctas, e ademais con estas pautas podemos saber o que se debe e o que non se debe facer neste blog. Pero gústame a segunda porque estamos en Galicia e deberíamos falar galego.

  4. aaron3a di:

    As normas parécenme boas sobre todo a primeira porque asi non suspendemos inxustamente, a segunda norma é moi interesante porque o galego é unha lingua fermosa e debémola falar.

    Aarón
    Yago

  5. uxia3a di:

    Ola,gústanme todas as normas pero a que máis me gusta é a terceira. Esta norma fala sobre a ortografía xa que todo o mundo pode leer esto. Canto máis leas,máis aprendes e se escribes mal vas aprender a escribir mal as palabras e con faltas de ortografía.

Deixa unha resposta