O reino das moneras

Monera é un reino da clasificación dos seres vivos utilizada nalgúns sistemas de clasificación, como o de Lynn Margulis, no que se agrupan todos os organismos procariotas,que aínda se usa en moitos manuais e libros de texto, aínda que non nos sistemas de clasificación máis modernos. O significado actual do termo é equivalente a procariota e defínese como o reino dos organismos microscópicos que habitan todos os ambientes e que están formados por unha soa célula sen núcleo definido.

 

Tradicionalmente o reino Monera dividíase nas clasificacións durante o século XX ata a década de 1970 en dous grandes grupos ou divisións: Bacterias e algas azul-verdosas (Cyanobacterias). Á súa vez as bacterias subclasificábanse baseándose na súa morfoloxía, tal como o facían as clasificacións do século XIX. Uns avances importantes en clasificación procariota foron as novidades que apareceron no Manual de Bergey de 1978 e 1984 atribuídas sobre todo a R.G.E. Murray, as cales se basearon principalmente na estrutura da parede e membranas celulares, procurando ademais evitar nomes en latín onde se sabía con certeza que era imposible determinar as verdadeiras relacións filoxenéticas; ou a clasificación de Margulis e Schwartz de 1982 baseada no metabolismo e bioquímica bacteriana.

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta