Protistas

O nome procede das raíces gregas πρώτο (proto), primeiro, e ζώο[ν] (zoo[n]), animal. Tradicionalmente dividíanse os seres vivos en animais e vexetais e os protozoos eran as formas máis sinxelas consideradas animais (e os protófitos eran os microorganismos considerados vexetais). Haeckel propuxo máis tarde o reino Protista, o cal dividiu en Protozoos, Protófitos e protistas atípicos.

De todos modos, moitos tratados posteriores a Haeckel seguiron clasificando os seres vivos en animais e vexetais, e consideraban a Protozoa un filo de organismos unicelulares dentro do reino animal.

 

Esta entrada foi publicada en 1º ESO, XERAL e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta