Quantic Love

O peso da historia está dividido entre romance e ciencia.

A protagonista desta historia é Laila, unha xóven que entra no CERN coma camareira, pero despídena o mesmo día que entra porque non sabe nin preparar un café.

A parte máis polémica e peor levada da historia é o triángulo amoroso entre Alessio-Laila-Brian, que non ten pes nin cabeza,pois Laila ten claro dende o principio a sua inclinación hacia Brian e non fará máis que recordárnolo durante toda a novela…

O CERN (Organización Europea para a investigación Nuclear)  é o maior laboratorio de física de partículas do mundo. Está situado na fronteira franco-suíza, moi preto da cidade de Ginebra. Foi fundado en 1954 por 12 países europeos, pero hoxe en día, 20 Estados Membros (entre os que se atopa o noso país) financian directamente este gran centro de investigación. O complexo acolle a científicos procedentes de todos os recunchos da terra, constituíndo un auténtico modelo de cooperación internacional ao servizo dun fin común: incrementar o noso coñecemento achega do universo do que formamos parte, mergullándonos no estudo dos nosos constituíntes máis íntimos e diminutos, as partículas elementais.

Así, eminentes teóricos desenvolven aquí novas ideas e teorías acerca de todo o que nos rodea, multitude de físicos, enxeñeiros e técnicos deseñan e constrúen a xigantesca maquinaria, grazas á cal os investigadores experimentais poden contrastar os modelos e desenvolvementos teóricos.

Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.