Quantic Love: gato

O gato de Schrödinger trátase dun soado experimento imaxinario concibido polo físico austriaco Edwin Schrödinger segundo o cal un gato está encerrado nunha caixa que contén, ademais do animal, un átomo radioactivo, un contador Geiger e unha bocha de cianuro cuxo contido cae nun cubo con ácido cada vez que o contador Geiger detecta a emisión de partículas radioactivas. Se se emite a partícula, o detector romperá a bocha e o gato morrerá. Se non se emite, a bocha seguirá intacta e o gato vivirá.

A probabilidade de que o gato permaneza con vida é do 50%. Só abrindo a caixa pescudariamos que lle ocorreu ao gato, pero mentres tanto leste estaría “vivo e morto á vez”. É unha forma de expresar un concepto fundamental da física cuántica: a dualidade onda-partícula, que fai, por exemplo, que o electrón sexa partícula e onda á vez ata que o observamos.

Amplia a información falando de electróns, Schrödinger, átomo , radioactividade, contador Geiger, probabilidade..

Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

12 Responses to Quantic Love: gato

  1. jimmy4a di:

    Gato de Schrödinger; un gato, xunto cun matraz que contén un veleno é unha fonte radioactiva, colócase nunha caixa selada. Se un contador Geiger detecta a radiación, e o frasco rompe, liberando o veleno que mata o gato. A interpretación da mecánica cuántica da Escola de Copenhague implica que, despois dun tempo, o gato está ao mesmo tempo vivo e morto. É un experimento imaxinario concibido en 1935 polo físico austríaco Erwin Schrödinger para expoñer unha das interpretacións máis contraintuitivas da mecánica cuántica.En este experimento se pode observar a probabilidade do gato para sobrevivir.

  2. david4a di:

    O experimento de gato Schrodinger é un experimento imaxinario concibido en 1935 polo físico austríaco Erwin Schrödinger para expor unha das interpretacións máis contraintuitivas da mecánica cuántica: expón un sistema que se atopa formado por unha caixa pechada e opaca que contén un gato no seu interior unha botella de gas velenoso e un dispositivo, o cal contén unha soa partícula radioativa cunha probabilidade de 0.5 de desintegrarse nun tempo dado, de xeito que se a partícula se desintegra, o veleno libérase e o gato morre.

  3. josemaria4b di:

    Schrödinger naceu en Erdberg, unha localidade próxima a Viena, en 1887.
    Era fillo de Rudolf Schrödinger e Georgine Emilia Brenda. En 1898 entrou no Akademisches Gymnasium, unha das institucións de ensino medio máis prestixiosas do ámbito germánico. Entre os anos 1906 e 1910, Schrödinger estudou en Viena recibindo clases de Franz Serafin Exner e de Friedrich Hasenöhrl. Tamén realizou traballos experimentais en colaboración con Friedrich Kohlrausch. En 1911, Schrödinger converteuse en asistente de Exner.
    É evidente,que Schrödinger foi un científico bastante destacado,ademáis dunha peza crave para o continuo desenvolvemento da ciencia.

  4. margarita3b di:

    Erwin Schrödinger expón un sistema que se atopa formado por unha caixa pechada e opaca que contén un gato no seu interior, unha botella de gas venenoso e un dispositivo, o cal contén unha soa partícula radioactiva cunha probabilidade de 0.5 de desintegrarse nun tempo dado, de maneira que se a partícula se desintegra, o veleno libérase e o gato morre.Ao terminar o tempo establecido, a probabilidade de que o dispositivo se activase e o gato estea morto é de 0.5, e a probabilidade de que o dispositivo non se activou e o gato estea vivo ten o mesmo valor. Segundo os principios da mecánica cuántica, a descrición correcta do sistema nese momento (a súa función de onda) será o resultado da superposición dos estados «vivo» e «morto» (á súa vez descritos pola súa función de onda).
    Con todo, unha vez que se abra a caixa para comprobar o estado do gato, este estará vivo ou morto.Sucede que hai unha propiedade que posúen os electróns, de poder estar en dous lugares distintos ao mesmo tempo, podendo ser detectados polos dous receptores e dándonos a sospeitar que o gato está vivo e morto á vez, o que se chama Superposición. Pero cando abramos a caixa e queiramos comprobar se o gato segue vivo ou non, perturbaremos este estado e veremos se o gato está vivo ou morto.

  5. daniel3b di:

    Erwin Schrödinger expón un sistema que se atopa formado por unha caixa pechada e opaca que contén un gato no seu interior, unha botella de gas velenoso e un dispositivo, o cal contén unha soa partícula radioactiva cunha probabilidade de 50% de desintegrarse nun tempo dado, de maneira que se a partícula se desintegra, o veleno libérase e o gato morre.

    Ao terminar o tempo establecido, a probabilidade de que o dispositivo se activase e o gato estea morto é de 50%.A interpretación da mecánica cuántica da Escola de Copenhague implica que, despois dun tempo, o gato está ao mesmo tempo vivo e morto.

Deixa unha resposta