Quantic Love: gato

O gato de Schrödinger trátase dun soado experimento imaxinario concibido polo físico austriaco Edwin Schrödinger segundo o cal un gato está encerrado nunha caixa que contén, ademais do animal, un átomo radioactivo, un contador Geiger e unha bocha de cianuro cuxo contido cae nun cubo con ácido cada vez que o contador Geiger detecta a emisión de partículas radioactivas. Se se emite a partícula, o detector romperá a bocha e o gato morrerá. Se non se emite, a bocha seguirá intacta e o gato vivirá.

A probabilidade de que o gato permaneza con vida é do 50%. Só abrindo a caixa pescudariamos que lle ocorreu ao gato, pero mentres tanto leste estaría “vivo e morto á vez”. É unha forma de expresar un concepto fundamental da física cuántica: a dualidade onda-partícula, que fai, por exemplo, que o electrón sexa partícula e onda á vez ata que o observamos.

Amplia a información falando de electróns, Schrödinger, átomo , radioactividade, contador Geiger, probabilidade..

Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

12 Responses to Quantic Love: gato

  1. amador3b di:

    Erwin Schrödinger expón un sistema que se atopa formado por unha caixa pechada e opaca que contén un gato no seu interior, unha botella de gas venenoso e un dispositivo, o cal contén unha soa partícula radioactiva cunha probabilidade de 0.5 de desintegrarse nun tempo dado, de maneira que se a partícula se desintegra, o veleno libérase e o gato morre.

  2. jacobo4a di:

    Erwin Schrödinger, é alemán nacido en Erdberg, Viena, Imperio Austrohúngaro o 12 de agosto de 1887. Foi un físico austríaco, que realizou importantes contribucions aos campos da mecánica cuántica e a termodinámica. Recibiu o Premio Nobel de Física no ano 1933 por haber desarroiado a ecuación de Schrödinger. Tras manter unha longa comucación con cartas con Albert Einstein propuxo o experimento mental do gato de Schródinger que mostraba os paradoxos e interrogantes aos que abocaba a física cuántica.

Deixa unha resposta