REINO DAS MONERAS

O reino das moneras fórmano organismos unicelulares procariotas.

Os máis coñecidos son as bacterias:

As bacterias son os organismos máis abundantes da Terra. Encóntrase no aire,na auga,no solo,sobre a nosa pel e, mesmo,no interior do noso intestino.

AS FUNCIÓNS VITAIS DAS BACTERIAS:

A nutrición: As bacterias presentan todos os tipos de nutrición.

-As saprófitas ou descompoñedoras obteñen o alimento descompoñendo restos de seres vivos do medio.

-As sinbióticas  aliméntase grazas a outros seres vivos aos que lles proporcionan un beneficio.

-As parasitas conseguen o seu alimento doutros organismos aos que lles provocan unha enfermidade.

A relación: Algunhas bacterias desprázanse, por exemplo, mediante flaxelos; outras permanecen inmóbiles.

A reprodución: As bacterias reprodúcense asexualmente por sucesivas divisións da súa célula. 

JOSE 1ºC

NEREA 1ºC

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta