O REINO DOS PROTOCTISTAS: AS ALGAS

As algas son organismos unicelulares e pluricelulares eucariotas, cuxas células son similares ás das plantas:teñen clorolastos e parede celular.

As súas formas son diversas:hai algas que son filamentos microscópicos e algas de gran tamaño con estruturas parecidas a raíces, talos e follas.

AS FUNCIÓNS VITAIS NAS ALGAS

A nutrición: As algas teñen nutrición autótrofa:son capaces de realizar a fotosíntese, xa que teñen cloroplastos con clorofila.

A relación: A maioría das algas son acuáticas, pero algunhas viven sobre rochas, plantas ou animais, no solo…

A reproducción: En xeral, as algas reprodúcense asexualmente por división celular, por fragmentación ou xerando unhas células especiais, chamadas esporas, a partir das cales se orixinarán novas algas.Algunhas pódense reproducir sexualmente mediante gametos.

AS ALGAS, AS PERSOAS E O MEDIO

As algas fabrican o alimento do que dependen os seres vivos heterótrofos dos medios acuáticos. O ser humano emprégaas na súa alimentación e obtén delas substancias como o ágar-ágar , que se utiliza para espesar alimentos e como medio de cultivo de bacterias nos laboratorios.

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta