O reino da moneras

Os reinos das moneras fórmano organismos unicelulares procariotas.Os máis coñecidos son as bacterias. As bacteria son os organismos máis abundantes da Terra.Encóntranse no aire ,na auga,no solo, sobre a nosa pel e,mesmo ,no interior do noso intestino.As bacterias son de gran importancia para a nosa saúde e para o ambiente e se atopan en todos os ecosistemas da Terra.As bacterias son microorganismos unicelulares, procariotas , podendo vivir illadamente ou construír agrupacións coloniais de diversos formatos. A célula bacteriana contén os catro compoñentes fundamentais en calquera célula : membrana plasmática, citoplasma , ribosomas e cromatina , no caso, unha molécula de ADN circular, que constitúe o único cromosoma bacteriano.Hai catro tipos de bacterias según a súa forma:

-Cocos se son esféricas.

-Bacilos se son alongadas.

-Vibrións se son curvadas en forma de coma.

-Espiroquetas se son filamentos en forma de espiral.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en XERAL e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta