O Gorila

  XÉNERO: Gorilla

   FAMILIA: Ominidae

Gorill3.jpg

Os gorilas constitúense como o epónimo do genus Gorilla, sendo os maiores primates existentes por tamaño. Son animais herbívoros que habitan as selvas tropicais de África central. O xénero está dividido en dúas especies, e de catro a cinco subespecies segundo os zoólogos. O ADN dos gorilas é moi semellante a o do ser humano, cunha coincidencia do 95–99%. Isto fai dos gorilas un dos primates vivos máis próximos do ser humano, despois dos bonobos e os chimpancés.

O hábitat natural dos gorilas é o bosque chuvioso de zonas tropicais e subtropicais. Malia que a súa área de distribución abrangue unha pequena porcentaxe de África, os gorilas distribúense nunha gran variedade de altitudes. Os gorilas de montaña habitan bosques entre os 2.225 e os 4.267 m, mentres que pola súa banda, o gorila do occidente mora en selvas densas e pantanos das terras baixas até o nivel do mar.

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.