Os mamíferos

Os mamíferos son unha clase de amniotas que se caracterizan pola súa homeotermia. Distínguénse de outros amniotas, como o son os réptiles e as aves, pola mandíbula inferior formada por un único óso, o dentario, por tres ósos medios na cadea de osos o oído, por dentes moi especializados, pola presenza dun padal secundario, pola súa pelaxe, un olfacto moi desenvolvido e pola produción de leite das femias para alimentar ás súas crías.                                                                  Mammal Diversity 2011.png                                                       O cerebro dos mamíferos regula a tempratura corporar e o sistema circulatorio, incluído o corazón. Os mamíferos abranguen aos animais máis grandes do planeta, as baleas roquais, así como os máis intelixentes; como son os elefantes, algúns primates, coma os monos ou os orangutanes e os cetáceos. Anatomicamente, o corpo é de catro patas adaptadas aos medios terrestres, mais algúns mamíferos están adaptados á vida mariña, arbórea, no aire ou sobre dúas pernas. O grupo máis grande de mamíferos, os placentais, coma a egua producen placenta é alimentan as crías despois do remate do empreñe. O tamaño dos mamíferos vai de tan só 30 ou 40 milímetros a 33 metros de longo.

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta