SERES VIVOS

                                                        

Un organismo ou ser vivo é un conxunto de átomos e moléculas que forman unha estrutura material moi organizada e complexa, na que interveñen sistemas de comunicación molecular, que se relaciona co medio ambiente cun intercambio de materia e enerxía dunha forma ordenada e que desempeña as funcións básicas da vida, que son a nutrición, a relación e a reprodución, de tal xeito que os seres vivos atúan e funcionan por sí mesmos sen perder o seu nivel estrutural.

A materia que compón os seres vivos está formada nun 95% por catro átomos: que son o carbono, o hidróxeno, o osíxeno e mais o nitróxeno, a partir dos cales xorden as moléculas, tanto orgánicas ou biomoléculas como inorgánicas.

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.