QUANTIC LOVE

Quantic Love é a novela que resolve a ecuación do amor.

No CERN, o centro de investigación máis avanzado do mundo, entre experimentos de viaxes no tempo e de teletransportación, entre partículas que superan a velocidade da luz e outras que revelan a orixe do Universo, a moza Laila enfróntase ao maior misterio que existe: como decidir entre dous amores. Por unha banda, Alessio, un atractivo xornalista; e, por outro, Brian, un cerebral científico que oculta un gran segredo.

 

Cóntanos máis cousas acerca desta historia…..

 

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to QUANTIC LOVE

  1. paulac4d di:

    Laila decidiu pasar as vacacións traballando de camareira no CERN, o Centro Europeo de Investigación Nuclear. Así gañará algo de diñeiro antes de ir á universidade e á vez poderá pasar unha tempada no centro de investigación máis avanzado do mundo.

    Cando Laila chega ao CERN descobre dúas cousas. A primeira é que os científicos tamén saben divertirse. Non hai máis que ver a Angie, a súa compañeira de cuarto, que é tan guapa como intelixente e non ten dificultade para compaxinar o seu traballo de investigación coas festas universitarias. A segunda é que se pode ser moi listo para unhas cousas e moi pouco para outras. É a única explicación para que Brian, que é, de xeito evidente, un cerebrito, teña tanta dificultade para expresar os seus sentimentos.

  2. ivanvaz3b di:

    Laila decidiu pasar as vacacións a traballar como camareira no CERN, o Centro Europeo de Investigación Nuclear. Entón vai gañar algún diñeiro antes de ir para a facultade e canto pode pasar algún tempo no centro de investigación máis avanzada do mundo.

    Cando Laila chega ao CERN descobre dúas cousas. A primeira é que os científicos saben tamén divertido. Hai máis para ver Angie, a súa compañeira de cuarto, que é tan bonito como intelixente e non ten dificultade en conciliar a investigación con vacacións da universidade. A segunda é que pode ser moi listo para algunhas cousas e moi pouco para os outros. É a única explicación para Brian, que é, obviamente, brainy, teñen tanta dificultade para expresar os seus sentimentos.
    Este é un pequeno resumo do princio do libro QUANTIC LOVE.

  3. brandon3b di:

    Laila é unha xoven sevillana cun único obxectivo, traballar no CERN durante o verán para poder pagarse o seu primeiro ano na universidade. Unha vez alí coñece a Angie, a súa compañeira de piso, que converte un verán sacrificado e duro en algo inesquecible; un verán no conocera a xente nova que lle abrirá novas portas e farana sentirse como en casa.
    O libro está moi ben,porque conta a súa historia de amor, mentres nos fai ver o interesante que é a ciencia.

  4. rosario3b di:

    Cando Laila decidiu pasar as vacacións traballando de camareira no CERN, o Centro Europeo de Investigación Nuclear. Encontrouse que os científicos tamén saben divertirse. A primeira e Angie ( súa compañeira de habitación)que le gosta compaxinar o seu traballo de investigacion coas festas universitarias. Laila coñece 2 chicos Alessio e Bryan. Brian explicalle como funciona o Universo. E Alessio é mais como un amigo. Acaba namorandose de Brian.

  5. raul3b di:

    Laila é unha moza Sevillana que quere traballar no verán para pagar os seus estudos na universidade e alí coñeceu a Angie a súa compañeira de piso que converte o seu verán sacrificado e duro nun verán sacrificado de coñecer a xente nova que lle farán resolver a ecuación do amor.

  6. brandon3b di:

    O que Laila non espera é que a súa vida poida cambiar para sempre nese lugar debido a que se namora de dous mozos: Brian, un guapo científico, e Alessio un guapo xornalista italiano.Estaremos inmersos nun triángulo amoroso ata o final, xa que ata que termina non saberemos con quen queda Laila, se co noso intelixente Brian ou co seguro Alessio, personaxes masculinos principais e moi diferentes entre si.

  7. alejandroas3a di:

    O libro de “Quantic Love” é moi entretido de ler xa que narra a historia dunha rapaza que marcha estudar ó CERN que está en Suiza e é o Centro Europeo De Investigación Nuclear que ten o acelerador de particulas máis grande do mundo e no que traballan os mellores científicos, é un libro moi sinxelo de ler xa que non ten moitas cousas descoñecidas, a historia vainos narrar a vida da protagonista e todo o que lle está ocorrendo na súa vida cotidiá en Suiza, recomendo que lle votedes un ollo.

  8. kamila3a di:

    Gústame o libro porque trata dunha moza que no verán se busca un traballo fóra en Suíza no CERN de camareira. Ao chegar alí séntese perdida xa que o centro é demasiado grande , despues de situarse e atopar o seu cuarto, coñece a unha moza que é a súa compañeira , a verdade está un pouco tola, pero é moi intelixente polo que vai vendo aos poucos. Nos seus primeiros días de traballo prepara un café para un mozo, era o peor cafe que o habia probado na súa vida. mais tarde lle ensino como se hacian ben as cousas. Aveces sente soa nese lugar, xa que os seus amigos sempre estan falando de temas cientificos os cales ela non entende. Á parte diso trátana como a unha nena pequena o cal a ela non lle gusta. Nese centro hai un mozo que lle chama a atencion , pero cando lles escribe unha carta aos seus pais explícalles que soamente é un amigo para que a súa nai non se poña isterica.

  9. nereabran3a di:

    Polo momento este libro resúltame moi interesante, porque a diferencia do que imaxinei resultou ser moi entretido, xa que cando fala sobre cousas científicas faino de un modo interesante e non aburrido.
    Por outra banda conta a historia de Laila, que visita o CERN para traballar de camareira no verán. Alí comparte habitación con unha xenio que está medio tola e coñece numerosas persoas que a fan sentir tonta a seu lado.
    Por agora non rematei de ler o libro, pero estou convencida de que seguirá gustándome tanto coma agora.

  10. deiner3a di:

    Laila é unha estudiante que no verán vaise a traballar de camareira ao CERN.Cando Laila chega ao CERN descobre dúas cousas. A primeira é que os científicos tamén saben divertirse. Non hai máis que ver a Angie, a súa compañeira de cuarto, que é moi estrovertida como intelixente e non ten dificultade para compaxinar os estudos coas festas universitarias. A segunda é que se pode ser moi listo para unhas cousas e moi pouco para outras.Coñece a un premio nobel e sin saberlo.

  11. alejandroli3a di:

    O libro “Quantic Love” narra a historia dunha rapaza sevillana que vai a traballar ao CERN (centro Europeo de investigación nuclear)de camareira nunha das cafeterías do centro.Emérxese nesta viaxe para poder pagarse os estudos e para pasar un tempo rodeada dos mellores investigadores nucleares do mundo.
    No seu camiño crúzase con un amable señor que remata descubrindo que é un dos mellores investigadores da época.Ao chegar alí coñece a sua compañeira de piso que resulta ser unha rapaza alocada e amante da festa pero que detrás de iso é moi intelixente. Tamén coñece a Alessio un rapaz que dende un primeiro momento despertou algo en ela.Rodeada de “cerebritos” síntese que é inferior , pero dase conta de que non está vacía por dentro cousa que moitos dos demais si.

  12. jacobo4a di:

    O libro conta o verán dunha rapaza chamada Laila que acabou o bachelerato e vai no verán a traballar de camareira ao CERN en Suiza.
    Cando chegou ao CERN foi a súa habitación e encontrou a unha rapaza espida, se presentaron e ao rato entra un rapaz e invita a compañeira de Laila a unha festa.
    Ao día seguinte era o primeiro día de Laila na cafetería, alí encontrou a un home detrás da barra, era o encargado da cafetería 2. Explicoulle brevemente o funcionamento e marchou correndo para a outra cafetería. Ao rato empezou a xornada, e serviu a xente, ata que entrou un xove científico e pediulle un Capuchino e púxose nerviosa e o intentou facer, él douse conta de que Laila era novata e explicoulle como facelo, de supito entrou o encargado da cafetería 2, rifoulle a Laila por que había un home detrás da barra.
    Non sabía que no CERN se descubriran tantas cousas, incluso Internet. Pensaba que so investigaban o nacemento de Universo, pero estaba equivocado. Está gustándome o libro de momento.

  13. deiner3a di:

    Laila é unha estudante que no verán vaise a traballar de camareira a o CERN.Cando Laila chega ao CERN descobre dúas cousas. A primeira é que os científicos tamén saben divertirse. Non hai máis que ver a Angie que a chegada ao seu cuarto a recibe lixeira de roupa,Angie é moi estrovertida como intelixente e non ten dificultade para compaxinar os estudos coas festas universitarias. A segunda é que se pode ser moi listo para unhas cousas e moi pouco para outras.Conoce a un premio nobel e sin saberlo.Envialle cartas ao seu pai dicindolle que o echa de menos e o que vai facendo no CERN,un día fai un tour por coñecer máis o lugar no que traballa.
    Tardou en saber como usar a cafeteira do seu traballo pero con tanta práctica a soubo controlar

  14. nereabran3a di:

    Polo momento este libro resúltame moi interesante, porque a diferencia do que imaxinei resultou ser moi entretido, xa que cando fala sobre cousas científicas faino de un modo interesante e non aburrido.
    Sorprendeume que o CERN fose o maior laboratorio de investigación en física de partículas e o lugar onde vai a traballar Laila, como camareira no restaurante 1.
    Ao comezo sorprendeume que a historia fose sobre unha camareira, xa que como o libro era de física asumin que a proagonista era unha científica, pero non foi así. Gustoume moito ese detalle xa que séntese unha persoa mediocre nun mundo de ”cerebritos”.
    A súa compañeira de habitación é unha estudante de verán moi lista que fai sentir a Laila inferior porque a veces búrlase de ela, pero no fondo non se levan mal e Angie explícalle moitas cousas a Laila que logo anota no seu caderno para ter coñecementos.
    Tamén coñeceu un aposto mozo chamado Alesio que lle axudou na cafetería a preparar un capuccino, a o que ao xefe non lle gustou moito.
    Por agora non puiden rematar de ler o libro pero estame a gustar moito e espero que continúe así ata o final.

  15. jimmy4a di:

    O libro non foi do meu agrado, o gran uso de moitos cliches e o xenro non é moi do meu agrado, só gústome o que aprendí sobre física, as teorías do Bigban e o que é o CERN, historia da física e diferentes tipos de fisicos. É unha tipica historia de persoas que se van coñecendo, hai tantas historias así que se me fai predecible e aburrida. Eu non me acordo dos nomes das personaxes, pola gran cantidade de nomes estraños que se mencionan, de distintas procedencias. Foi interesante os tipos de datos que aportaron do acelerador de particulas, como o tamaño, a velocidade que collían, os distintos tipos de experimentos que se podían realizar, etc…
    A unión de temas tan distintos como a física e o amor, non foi unha gran combinaciçon, ou a escritora non o logro unir o suficientemente ben.
    O gran coliciondor de adrone de 27Km que se fixo para simular o Big Ban, un choque de distintos meteoritos a gran velocidade, o que axuda moito á cienca.

  16. david4a di:

    Este libro gústame, paréceme moi interesante debido á historia da protagonista, paréceme moi valente marcharse da súa cidade e deixar á súa familia e amigos por ir a suíza a traballar de camareira no CERN (centro europeo de investigación nuclear), traballo que segundo a protagonista que se chama laila non fixera nunca e mentiu na súa curriculum dicindo que se que tenia experiencia. para explicar mellor o que é o CERN é o maior laboratorio de investigación en física de partículas do mundo, esta situado en suíza preto á fronteira con Francia, entre a comuna de saint-Genis-pouilly (no departamento de ain)e a comuna de meyrin(no canton de xenebra).O centro no 2013 foi premiado co premio príncipe de Asturias de investigación científica e técnica xunto a peter higgs e francois englert.Foi fundado en 1954 por doce países europeos, o CERN é hoxe en dia un modelo de colaboración científica internacional.

  17. margarita3b di:

    O libro gústame un montón está moi ben. Laila é unha moza que pasa de estar cos seus pais vivindo a irse a Xenebra ao CERN e cando chega alí atópase cunha moza que se chama Angie que é super aberta e a ela parécelle un pouco extrovertida , coñece a dous mozos a Alessio e a Brian , e gústanlle os dous , vese envolta nun triángulo amoroso moi interesante a saber como acaba esta historia do máis peculiar. A parte diso tambén temos por outra banda fórmulas de química , e onde parece que a química pode parecer un pouco aburrida , no libro se demostra que pode ser divertida.

  18. amador3b di:

    O libro está moi ben , é un libro moi entretido, Laila é unha moza que viaxa a Xenebra para traballar no CERN de camareira na cafetería, está morta de medo por que nunca traballou de camareira antes, e alí está completamente soa, non coñece a ninguén. Máis adiante coñece á súa compañeira de habitación que é unha moza moi divertida, e a moitas máis persoas que traballan e estudan neste sitio.
    O libro fala moito de datos e curiosidades da Física e tamén sobre as aventuras e historias que vive Laila , namorada de dous mozos, e con moitos máis personaxes.

  19. amanda4b di:

    Esta e a miña opinión persoal sobre o Libro Quantic Love:

    Persoalmente creo que o libro dista moito de a idea que se fai cada persoa sobre o que espera do libro. Realmente non cumple as espectativas o a imaxe preconcebida que podemos ter.
    Pense que sería algo máis interesante, pero non,é unha desorde, un relato íntimo sen interese particular, moi plana e pesada.Eu non recomendo. Persoalmente penso que hai historias moito mellores aunque e de recoñecer que podes aprender algunha cousa interesante 😀

  20. xairo4a di:

    Lailá é unha estudante que marchou para o centro europeo de investigacion nuclear, (CERN, os seus pais non tiñan uns medios económicos moi bos, polo que ela o irse para ala, púxose a traballar como camareira. Nnun dos seus primeiros días de traballo prepara un café para un mozo, como non saía facelo, saiulle fatal eo mozo non lle gustou e ensinoulle a facelo mellor.Lailá compartia habitación cunha rapaza, é unha estudante de verán bastante espabilada que fai sentir a Lailá inferior que ela, porque as veces búrlabase de ela, pero entre elas quérense ben e Angie, a súa compañeira de habitación, explícalle moitas cousas a Lailá que logo, ela, anota no seu caderno para ter algún que outro coñecemento.

Deixa unha resposta