QUANTIC LOVE

Quantic Love é a novela que resolve a ecuación do amor.

No CERN, o centro de investigación máis avanzado do mundo, entre experimentos de viaxes no tempo e de teletransportación, entre partículas que superan a velocidade da luz e outras que revelan a orixe do Universo, a moza Laila enfróntase ao maior misterio que existe: como decidir entre dous amores. Por unha banda, Alessio, un atractivo xornalista; e, por outro, Brian, un cerebral científico que oculta un gran segredo.

 

Cóntanos máis cousas acerca desta historia…..

 

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to QUANTIC LOVE

  1. david4a di:

    Este libro gústame, paréceme moi interesante debido á historia da protagonista, paréceme moi valente marcharse da súa cidade e deixar á súa familia e amigos por ir a suíza a traballar de camareira no CERN (centro europeo de investigación nuclear), traballo que segundo a protagonista que se chama laila non fixera nunca e mentiu na súa curriculum dicindo que se que tenia experiencia. para explicar mellor o que é o CERN é o maior laboratorio de investigación en física de partículas do mundo, esta situado en suíza preto á fronteira con Francia, entre a comuna de saint-Genis-pouilly (no departamento de ain)e a comuna de meyrin(no canton de xenebra).O centro no 2013 foi premiado co premio príncipe de Asturias de investigación científica e técnica xunto a peter higgs e francois englert.Foi fundado en 1954 por doce países europeos, o CERN é hoxe en dia un modelo de colaboración científica internacional.

  2. margarita3b di:

    O libro gústame un montón está moi ben. Laila é unha moza que pasa de estar cos seus pais vivindo a irse a Xenebra ao CERN e cando chega alí atópase cunha moza que se chama Angie que é super aberta e a ela parécelle un pouco extrovertida , coñece a dous mozos a Alessio e a Brian , e gústanlle os dous , vese envolta nun triángulo amoroso moi interesante a saber como acaba esta historia do máis peculiar. A parte diso tambén temos por outra banda fórmulas de química , e onde parece que a química pode parecer un pouco aburrida , no libro se demostra que pode ser divertida.

  3. amador3b di:

    O libro está moi ben , é un libro moi entretido, Laila é unha moza que viaxa a Xenebra para traballar no CERN de camareira na cafetería, está morta de medo por que nunca traballou de camareira antes, e alí está completamente soa, non coñece a ninguén. Máis adiante coñece á súa compañeira de habitación que é unha moza moi divertida, e a moitas máis persoas que traballan e estudan neste sitio.
    O libro fala moito de datos e curiosidades da Física e tamén sobre as aventuras e historias que vive Laila , namorada de dous mozos, e con moitos máis personaxes.

  4. amanda4b di:

    Esta e a miña opinión persoal sobre o Libro Quantic Love:

    Persoalmente creo que o libro dista moito de a idea que se fai cada persoa sobre o que espera do libro. Realmente non cumple as espectativas o a imaxe preconcebida que podemos ter.
    Pense que sería algo máis interesante, pero non,é unha desorde, un relato íntimo sen interese particular, moi plana e pesada.Eu non recomendo. Persoalmente penso que hai historias moito mellores aunque e de recoñecer que podes aprender algunha cousa interesante 😀

  5. xairo4a di:

    Lailá é unha estudante que marchou para o centro europeo de investigacion nuclear, (CERN, os seus pais non tiñan uns medios económicos moi bos, polo que ela o irse para ala, púxose a traballar como camareira. Nnun dos seus primeiros días de traballo prepara un café para un mozo, como non saía facelo, saiulle fatal eo mozo non lle gustou e ensinoulle a facelo mellor.Lailá compartia habitación cunha rapaza, é unha estudante de verán bastante espabilada que fai sentir a Lailá inferior que ela, porque as veces búrlabase de ela, pero entre elas quérense ben e Angie, a súa compañeira de habitación, explícalle moitas cousas a Lailá que logo, ela, anota no seu caderno para ter algún que outro coñecemento.

Deixa unha resposta