A temperatura

A temperatura é unha magnitude escalar relacionada coa parte da enerxia interna coñecida como enerxía cinética, que é a relacionada cos movementos das partículas do sistema.

A temperatura mídese con termómetro, no Sistema Internacional de Unidades, a unidade da temperatura é o kelvin (k). E a escala correspondente é a escala Kelvin ou escala absoluta, que asocia o valor cero kelvin (0 K) ao cero absoluto, e se gradúa cun tamaño de grado igual ao do grado Celsius. Un termómetro debe alcanzar o equilibrio térmico antes de que a súa medición sexa correcta. A temperatura é unha propiedade intensiva, é dicir, que non depende do tamaño do sistema, senón que é unha propiedade que lle é inherente e non depende nin da cantidade de sustancia nin do material do que este composto.

Busca e comenta a fórmula para pasar graso centígrados a Kelvin…

Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O, XERAL e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta