Desenvolvemento sustentable

É aquel desenvolvemento que é capaz de satisfacer as necesidades actuais sen comprometer os recursos e posibilidades das futuras xeracións. Intuitivamente unha actividade sustentable é aquela que se pode manter.

Claves para un desenvolvemento sustentable
As claves para conseguir un desenvolvemento sustentable son:
A actitude da xente, sen ela non conseguimos nada.
Diñeiro. Se hai diñeiro pódese investir na mellora e a recuperación do medioambiente.

A Axenda 21 é o plan de acción proposto pola ONU para conseguir entre todos un desenvolvemento máis sustentable no século XXI. O documento foi aprobado e asinado por 173 gobernos na Conferencia de Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento, celebrada en Río de Janeiro en 1992, onde se fixo un chamamento para que sexan os gobernos locais os que poñan en marcha os seus propios procesos de Axenda 21 Local.

 

Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.