A expresión ‘content curation’, traducida como “curación de contidos”, refírese ao proceso de filtrar información, e agregala en novos contidos, máis complexos e de máis valor para a comunidade á que vai dirixida.
Consiste en buscar, filtrar, organizar e difundir, de forma segmentada, parte da gran cantidade de contidos que se xeneran en Internet.
Un dos novos roles que os docentes poden xogar é o de converterse en ‘curador’ e axudar tamén ao seu alumnado a desenvolver as habilidades e actitudes necesarias para que eles tamén o poidan ser.
As ferramentas de marcado social poden empregarse con este obxectivo, e cando ademais permiten interaccionar coa comunidade obxectivo (que comenta, comparte e vota), fálase de Social Content Curation, fenómeno moi de actualidade , que facilitan a creación e difusión de contido curado, diferenciándose das ferramentas tradicionais de marcado social (coma Diigo).