CULTIVOS ECOLÓXICOS

Nos últimos anos os cultivos ecolóxicos creceron de xeito espectacular nos países da Unión Europea. Sobre todo en España, Francia e o Reino Unido, que foron os países que máis hectáreas novas dedicaron á produción de cultivos ecolóxicos. Que a Unión Europea teña uns produtores activos é lóxico, xa que é o mercado de alimentos e bebidas ecolóxicas maior do mundo, aínda que nos últimos anos o norte de América vai tras eles.

Estímase que as vendas na Unión Europea de alimentos ecolóxicos están sobre os 12 billóns de euros anuais.

Que na Unión Europea existan grandes extensións de cultivos ecolóxicos, non significa que todos os estados membros se comporten igual. Mentres Alemaña é unha gran consumidora e produtora, existen países como España, que posúen máis hectáreas de cultivos ecolóxicos pero consomen menos. Todos os excedentes dos cultivos ecolóxicos a UE e produtos de máis valor engadido, van encamiñados á exportación cara a países con mercados afíns e interese por certos alimentos ecolóxicos europeos.

 

Esta entrada foi publicada en ESA TIC e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.