HOSTALARIA

 

Hostalaría ou hostalería é o nome xenérico das actividades económicas consistentes na prestación de servizos ligados ao aloxamento e a alimentación esporádicos, moi usualmente ligados ao turismo.

Os establecementos comerciais dedicados a estas actividades (a ambas conxuntamente ou a unha delas por separado) reciben distintos nomes, segundo a súa categoría ou a súa finalidade, aínda que as denominacións oficiais adoitan depender da regulamentación local, que os clasifica con criterios urbanísticos, sanitarios, impositivos ou de seguridade. Entre outras denominacións están as de: hoteis, hostais, paradores, pensións, albergues xuvenís, casas rurais, bares, tabernas, adegas, bodegóns, restaurantes, casas de comidas, etc.

Esta entrada foi publicada en ESA TIC e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta