Hardware e Software

Hardware:
É o conxunto de partes física que conforman un ordenador (pantalla, teclado, monitor, rato etc) e os periféricos asociados (impresora etc). Está formado polos elementos de entrada, de control e de saída.

Software:
O software de ordenador (ou sinxelamente, software) refírese a un ou máis programas de ordenador e os datos almacenados nun ordenador para algún propósito concreto. O software de programa permite o funcionamento programado xa implementado, sexa dando instrucións de xeito dereito, a través de instrucións ao hardware (a parte física), ou servindo como entrada a outro programa. O software de datos existe de xeito único para o seu uso eventual por outro software de programa.

Esta entrada foi publicada en ESA TIC e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta