Pautas para realizar un traballo

Cuestións previas

Cando se vai realizar un traballo hai que empezar por definir o tema do mesmo. Ás veces, este, vén determinado polo/a profesor/a, pero outras veces é o/a propio/a alumno/a quen debe propolo.

Antes de empezar a facer un traballo monográfico hai que preguntarse que aspectos concretos se pretenden abordar en dito traballo; para o que deberíamos saber dar resposta clara a tres cuestións previas:

  1. -Que se pediu que se faga?

  2. -Que aspectos particulares do tema proposto se deben afrontar con maior profundidade?

  3. -Cales son os procedementos de traballo máis adecuados para realizalo?

Como elaborar e presentar un traballo escolar

Segue estes 10 sinxelos pasos para elaborar o teu traballo:

1º.-Busca información en enciclopedias, dicionarios, libros, Internet.

2º.-Selecciona os datos importantes.

3º.-Elabora un esquema previo e contrástalo co profesor/a.

4º.-Fai un primeiro borrador.

5º.-Realiza a redacción definitiva despois de corrixir o borrador.

6º.-Non copies literalmente, expresa coas túas propias palabras, as informacións que obtiveches.

7º.-Pregunta se os folios poden escribirse polas dúas caras ou unha soa cara.

8º.-Numera as follas .

9º.-Deixa marxes.

10º.-Escribe con limpeza e atende á ortografía e á puntuación.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en 1º ESO, 3º Bio, 4ºE.S.O, ESA MAT, ESA QUÍMICA, ESA TIC, PARA COMEZAR e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta