Ecosistemas terrestres. O bosque caducifolio.

O bosque caducifolio encóntrase en latitudes medias de clima oceánico.

O clima oceánico caracterízase por invernos fríos e veráns cálidos ou frescos. As precipitacións son moi abundantes e regulares ao longo do ano.

A vexetación típica son os bosques de folla caduca de carballos, castiñeiros, nogueiras, etc., que perden as follas no inverno, polo que o aspecto do bosque é diferente nas distintas estacións.

A fauna está constituída por animais como os cervos, os gamos, os esquíos, os osos pardos, os lobos, os raposos, as curuxas e os lagarteiros.

 

Actividade: Qué tipo de bioma é?

 

Información sacada do libro de 2º da ESO de Ciencias Naturais. Foto sacada de Google imaxes.

Artigo feito por Laura Freire e Lúa de 2ºE.

Esta entrada foi publicada en 2º E.S.O. e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.