Biomas de zonas cálidas

O deserto, a sabana e a selva tropical.

O deserto localízase en latitudes próximas aos trópicos. O clima desértico caractérizase pola gran variación da temperatura entre a noite e o día (pode chegar a alcanzar unha diferenza de 40ºC). A vexetación é moi escasa e está adaptada ás pedras de auga, con follas transformadas en espiñas ou longas raíces. Un exemplo son os cactos. A fauna e moi escasa e pouco variada, presenta adaptacións para defenderse das altas temperaturas, como, por exemplo, hábitos nocturnos e subterráneos.

A sabana localízase entre os trópicos, na marxe das selvas trópicais. A sabana caracterízase por ter temperaturas con moi pouca variación ao longo do ano. As precipitacións son moi abundantes e irregulares. A vexetación predominante da sabana son as plantas herbáceas altas con árbores moi escasas e dispersas de folla caduca, como as acacias, as tecas e os baobabs. A fauna está constítuida por animais.

A selva tropical localízase nunha zona moi estreita, de aproximadamente 10º de latitude ao norte e ao sur do ecuador. O clima caracterízase por ter temperaturas sen variacións ao longo de todo o ano. A vexetación está formada por especies de folla perenne que forman bosques moi densos. A fauna e moi rica e variada.

Esta entrada foi publicada en 2º E.S.O. e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta