O camaleón extraterrestre

Fai moito tempo nun alonxado planeta chamado Franirrafa vivía un curioso extraterrestre. Un día antoxouselle explorar o planeta azul. Que habería nel? Quizais máis vida intelixente? Tardou dous meses en construír unha fermosa nave á que bautizou como Frana I. O día do despegue encheu o tanque de nitróxeno, osíxeno, vapor de auga e dióxido de carbono.

Cando chegou ao planeta antoxado, tivo que atravesar varias capas, primeiro sobrepasou a exosfera, máis tarde a termosfera, onde se queimou a cara a causa dos raios prexudiciais que alí se absorbían. Logo a mesosfera, onde observou como miles de meteoritos que se desintegraban. Despois, a estratosfera e por último a troposfera, onde despois dun forte vento aterrou. Cando veu achegarse a unha nena camuflouse entre a vexeteción. Entón, deulle o nome de “Camaleón”.

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta