Vertebrados

Principais características

Os vertebrados teñen simetría bilateral e están dotados dun cranio que protexe ao cerebro, e esqueleto cartilaxinoso ou óseo, que comprende unha parte axial metamerizada (columna vertebral). Comprende unhas 50.000 especies, na súa maioría peixes.

Os vertebrados típicos teñen o corpo dividido claramente en tres rexións: cabeza, tronco e cola; o tronco a súa vez subdivido en tórax e abdome. Do tronco destacan as extremidades, que están en número impar nas lampreas e pares no resto de vertebrados. Presentan notocordio, que se transforma en columna vertebral en estado adulto; a cabeza está ben diferenciada, a cal agrupa e centraliza a maioría de órganos sensoriais e nerviosos. A estrutura cranial dos vertebrados conseguiuse manter doadamente en estado fósil, motivo este que foi fundamental para coñecer a súa evolución.

Durante o desenvolvemento embrionario, as paredes do corpo dos vertebrados desenvolven uns orificios ou fendeduras branquiais, que dan lugar ás branquias (nos peixes) e a diferentes estruturas. O esqueleto pode ser óseo, cartilaxinoso, e en ocasións presentar dermoesqueleto, consistente nunhas formacións cutáneas esqueléticas.

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to Vertebrados

  1. fatimabm1a di:

    Gustoume moito este artigo porque están moi ben explicadas as características dos vertebrados.

Deixa unha resposta