Os artrópodos

Os artrópodos son invertebrados con simetría bilateral, que teñen o corpo protexido por unha coiraza ríxida, o exoesqueleto,  e están provistos de apéndices articulados (patas, mandíbulas, antenas, etc….)

Poden estar divididos en cabeza, tórax e abdome- cefalotórax e abdome – cabeza e tronco.

Poden ter ollos simples ou  ollos compostos.

Se son acuáticos respiran por branquias, é se son terrestres respiran por tráqueas.

Os artrópodos son ovíparos, algúns experimentan metamorfose que pode ser de dous tipos: Metamorfose incompleta e metamorfose completa.

Os artrópodos pódense dividir en quelicerados e mandibulados:

-Os quelicerados teñen xunto a boca uns apéndices chamados quelíceros.

-Os mandibulados teñen ao redor da boca un conxunto de pezas chamadas mandíbulas.

HAI CATRO GRUPOS DE ARTRÓPODOS:

-Os arácnidos (como a araña), os crustáceos (como os cangrexos), os miriápodos (como o cempés) e os insectos (como a bolboreta).

Busca no vídeo: A que grupo pertencen as arañas?, Cantos animais se nomean no vídeo?.

Esta entrada foi publicada en 1º ESO e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to Os artrópodos

  1. alejandro1b di:

    Pertencen aos arácnidos. Nomeanse 7 animais.

Deixa unha resposta