A Atmosfera terrestre

Capas da Atmosfera Terrestre
A atmosfera divídese en cinco capas. A atmosfera da Terra é máis densa preto da superficie e a súa densidade diminúe coa altura, ata que eventualmente se esvae no espazo.

1) A troposfera é a primeira capa sobre a superficie, e contén a metade da atmosfera da Terra. Os estados do tempo sucédense nesta capa.
2) Moitos avións de propulsión voan pola estratosfera porque é moi estable. A capa de ozono tamén está alí, absorbendo raios solares malignos.
3) Os meteoritos ou fragmentos de rocha quéimanse na mesosfera.
4) A termosfera é a capa coas auroras. As nabes espaciais tamén tamén orbitan alí.

Cómo se llenó de oxígeno la atmósfera de la Tierra | Ciencia | EL PAÍS
5) A atmosfera mestúrase co espazo na extremadamente pouco densa exosfera. Este é o límite superior da nosa atmosfera.

Comenta ampliando a información.

Esta entrada foi publicada en 3º BioA, 3ºBioB, 4ºE.S.O, XERAL e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to A Atmosfera terrestre

  1. noeliagar3b di:

    Na mesosfera a temperatura diminúe a medida que aumenta a altura, chegando aos -80 graos Celsius aos 80 quilómetros de altitude, sendo así zona máis fría da atmosfera. É unha capa moi importante polas ionizacións e as reaccións químicas que ocorren nela e ten unha densidade de aire moi baixa, o que provoca a formación de turbulencias e ondas atmosféricas con actuación a escalas espaciais moi grandes. Nesta capa pódense ver as estrelas fugaces, resto das desintegracións de meteoritos. Como se atopa demasiado elevada para globos aerostáticos e avións e demasiado baixa para os satélites, é a capa menos explorada da atmosfera porque só se pode investigar con cohetes sonda por un tempo limitado.

  2. abrahamm_sa3b di:

    A altura da atmosfera terrestre alcanza os 10.000 km, aínda que máis da metade da súa masa está concentrada nos primeiros 6 km e nun 75% nos primeiros 11 km da superficie planetaria. Case todo o aire (95%) está a menos de 30 km de alto, con máis do 75% na troposfera. O aire forma unha mestura de gas bastante homoxénea na troposfera ata o punto de que o seu comportamento é o equivalente ao que tería se estivese formado por un único gas.É a capa na que os gases se dispersan gradualmente ata que a composición é semellante á do espazo exterior. É a última capa da atmosfera, está situada por encima da termosfera, aproximadamente a uns 580 km de altitude, en contacto co espazo exterior, onde practicamente hai un baleiro. É a rexión atmosférica máis afastada da superficie da Terra. Nesta capa a temperatura non varía e o aire perde as súas calidades.

Deixa unha resposta