O embarazo

embarazogravidezpreñazo ou preñez dunha muller é o período que transcorre entre a implantación do cigoto no útero ata o momento do parto.

Comenta as ideas do vídeo.

 

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en 3º Bio, 3º BioA, 3ºBioB e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to O embarazo

  1. claudia3a di:

    As ideas principais das que se falan no vídeo do embarazo son as dos cambios que sofre a nai e o desenvolvemento do bebé e o seu entorno.
    O embarazo dura desde a fecundación ao parto uns 280 días.
    Durante ese tempo medra o feto no interior da nai e o seu corpo adáptase para o parto e a lactación. Implántase o cigoto e desenvólvense o embrión, a placenta e o cordón umbilical, as estruturas fundamentais.
    Polo cordón umbilical entran os nutrintes da nai ao bebé e saen os refugallos do bebé á nai.
    No primeiro trimestre o feto mide 10 cm e pesa 15 g; a cabeza, o tronco, as extremidades e os órganos desenvólvense.
    Ás seis semanas o corazón comeza a later.
    No segundo trimestre madura o sistema nervioso.
    No cuarto mes sábese o sexo do bebé; o feto mide 30 cm e pesa 700 g.
    No terceiro trimestre maduran os órganos, aumentan o peso e tamaño do bebé e éste móvese con frecuencia.
    Xírase de cara ao final para o parto, encaixando a cabeza na pelve da nai.

Deixa unha resposta