O embarazo, gravidez, preñazo ou preñez dunha muller é o período que transcorre entre a implantación do cigoto no útero ata o momento do parto.
Comenta as ideas do vídeo.
O embarazo, gravidez, preñazo ou preñez dunha muller é o período que transcorre entre a implantación do cigoto no útero ata o momento do parto.
Comenta as ideas do vídeo.
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.
As ideas principais das que se falan no vídeo do embarazo son as dos cambios que sofre a nai e o desenvolvemento do bebé e o seu entorno.
O embarazo dura desde a fecundación ao parto uns 280 días.
Durante ese tempo medra o feto no interior da nai e o seu corpo adáptase para o parto e a lactación. Implántase o cigoto e desenvólvense o embrión, a placenta e o cordón umbilical, as estruturas fundamentais.
Polo cordón umbilical entran os nutrintes da nai ao bebé e saen os refugallos do bebé á nai.
No primeiro trimestre o feto mide 10 cm e pesa 15 g; a cabeza, o tronco, as extremidades e os órganos desenvólvense.
Ás seis semanas o corazón comeza a later.
No segundo trimestre madura o sistema nervioso.
No cuarto mes sábese o sexo do bebé; o feto mide 30 cm e pesa 700 g.
No terceiro trimestre maduran os órganos, aumentan o peso e tamaño do bebé e éste móvese con frecuencia.
Xírase de cara ao final para o parto, encaixando a cabeza na pelve da nai.