FP Instalación de telecomunicaciones

O vídeo que vou poñer a continuación falanos e danos información sobre o FP de grado medio de instalación de telecomunacións. Este grado é o ideal para aquela xente á cal lle guste a instalación de electricidade e telecomunicacións ou de circuitos eléctricos. Durante a súa formación neste ciclo os alumnos fan prácticas en empresas, ao rematar, poden desarrollar a súa labor nalgunha empresa de electricidade, informática ou telecomunicacións.


Que saída ves posible ao rematar este ciclo de formación profesional?

 

 

Esta entrada foi publicada en 4ºE.S.O, C.aplicadas, vídeos e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

5 Responses to FP Instalación de telecomunicaciones

  1. aminataaplicadas di:

    Este fp exerce a súa actividade en microempresas e en empresas pequenas e medianas, maioritariamente privadas, nas áreas de montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicación, instalacións de circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestruturas de redes de voz e datos, sonorización e megafonía, instalacións de radiocomunicacións, sistemas domóticos e equipos informáticos, ben por conta propia ou allea.

  2. braisaplicadas di:

    Vexo posible traballar de enxeñeiro de telecomunicacións

  3. nesaplicadas di:

    Os enxeñeiros de telecomunicacións dedícanse á investigación e desenvolvemento de produtos innovadores de telecomunicacións, así como a investigar formas de mellorar a tecnoloxía existente, como os cables de fibra óptica.

  4. braisaplicadas di:

    Analizar, deseñar, implementar, explotar e xestionar sistemas, redes, servizos, equipos, compoñentes ou procesos dentro do ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). Serán os ” telecos” os cargos técnicos e directivos en empresas do ámbito da electrónica e as telecomunicacións.

  5. carlosaplicadas di:

    Ao rematar este ciclo podemos haceder a un ciclo superior da mema rama como a FP Superior de Telecomunicación ou haceso au mundo laboral como pode ser nunha empresa de electricidade, informática ou telecomunicacións.

Deixa unha resposta