A cavidade dixestiva

  1. Os cnidarios son animais diblásticos con simetría radial primaria. As súas células se organizan en dúas capas que actúan como unidades funcionais (tecidos), aínda que moitas células inda gardan certa independencia e totipotencia. Teñen só dúas follas embrionarias, ectodermo e endodermo, carecendo por tanto de mesodermo, aínda que as veces existe un tecido análogo (ectomesodermo) de orixe ectodérmica, non de orixe endodérmica como o auténtico mesodermo dos triblásticos, e do cal nunca derivan órganos internos complexos.

A súa organización corporal é en forma de saco; o aparato dixestivo ten un só orificio que actúa como boca e ano ao mesmo tempo, e unha cavidade gastrovascular en forma de saco onde se realiza a dixestión e que se utiliza tamén como sistema de distribución dos nutrientes e do osíxeno, e como sistema excretor.

Esta entrada foi publicada en 2º E.S.O. e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta