Por este motivo, o manifesto dos ecoloxistas galegos consta de dez demandas nas que o movemento insta a todas as institucións, desde as locais ata as nacionais, a “dicir a verdade, declarar e asumir a emerxencia climática como un grave problema”; “tomar medidas reais e efectivas para a eliminación de emisións de gases de efecto invernadoiro” e “acordar medidas para loitar contra a contaminación do CO2”.
Tamén esixen “cambiar a política forestal” para a prevención de incendios, medidas en materia de consumo de auga, produción alimentaria e construción de vivendas para favorecer a co-responsabilidade de cada sociedade.
Entre as asociacións que apoiaron o dez puntos que conforman o Movemento Galego polo Clima atópase Greenpeace, a Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega), colectivos universitarios ou o Sindicato Galego Labrego.
CONCENTRACIÓNS E MANIFESTACIÓNS
En base a este pretexto, a agrupación autonómica convocou concentracións e folgas durante o 27 de setembro en seis das sete grandes cidades galegas, da man das organizacións ‘Fridays for Future’ de cada localidade.
A Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo, Lugo e Ourense contarán con manifestacións na tarde dese mércores para reclamar “accións urxentes” que fagan “fronte ao cambio climático” e que “garantan un futuro para as xeracións máis novas”, así como tamén se anima a realizar unha “folga de consumo” durante ese día.
Ademais, algunhas cidades como Ferrol, Santiago ou Vigo celebrarán concentracións durante a mañá. En todas elas faise un chamamento á participación dos centros educativos, xa que Movemento Galego polo Clima considerou que “os nenos e nenas ten que ser os primeiros implicados, xa que serán os primeiros prexudicados” polas consecuencias do quecemento global.