É unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas, caducifolia que pode acadar os 40 metros de altura. O carballo esténdese tanto por zonas de clima atlántico sen seca no verán e en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas, dense o nivel do mar.
É unha árbore robusta, que pode alcanzar 40 metros con ramas que comezan xa desde a parte inferior.
A madeira do carballo foi moi utilizada para construír embarcacións ou para travesas de vías ferroviarias.
Común en toda Galicia, o carballo está en regresión debido sobre todo á actividade humana e á substitución das zonas onde había carballeiras por piñeiros ou eucliptos; con todo, tense incrementado a extensión das carballeiras nos últimos anos.r ata os 1.000 metros de altitude.