Problemas nunha noite de festa

Hoxe, día 13 de Decembro, despértome nunha habitación diferente, unha habitación que non era a miña. Resulta que onte saín de festa e pasoume algo que non debería haber ocrorrido. Serían as catro da mañá cando xa quería volver para a casa do meu amigo onde ía durmir esta noite. Andando polas calles de Pontevedra, encontreime con 5 persoas que non ían moi ben. Puxéronse a falar conmigo pero eu non lles facía caso. Seguía cara adiante, andando tranquilamente cando de repente collenme polo brazo e tíranme cara atrás. Eu cabreado, collín a un e empuxeino e os seus catro amigos empezaron a insultarme e empurrarme. Metinlle un bofetón a un e iso foi o que fixo miña noite diferente. Agora encóntrome nunha habitación dun hospital e con moitos moratóns e cortes na cara. Non me acordo de nada.

Resultado de imagen de peleas callejeras

Esta entrada foi publicada en fpb, XERAL e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.